A asociación cultural Xesús González Aboi, que despregou un traballo imprescindible na descuberta e difusión do campo de petróglifos atopado no monte Xiabre, vén de realizar unha nova visita ás inscricións. rupestres. Desta volta, os seus membros estiveron acompañados por dous arqueólogos, entre eles Antonio de la Peña, especialista do Museo de Pontevedra. Nas súas conclusións, o colectivo destaca a necesidade de que a Consellería de Cultura poña en marcha una protección efectiva das 27 pezas.
A asociación subliña que, se ben as pistas de acceso aos aeroxeneradores facilitan o achegamento aos xacementos, a súa apertura supón tamén un notable impacto sobre un conxunto de enorme valor cultural. Os incendios e o traballo posterior con maquinaria pesada teñen afectado tamén ás laxes, ao igual que as primeiras cortas de madeira queimada, hai xa un ano, que deixaron restos vexetais sobre as inscricións.
Neste senso, o colectivo esixe de Cultura que desenvolva as actuacións de prospección, sinalización, elaboración de informes e envío de fichas de catalogación aos propietarios dos terreos, os concellos e, en xeral, a todas as organizacións interesadas, todas elas imprescindibles para a posta en valor dos petróglifos.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios