«Queremos volver a crear o grupo de baile de Rubiáns»

A.G.

AROUSA

09 oct 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

A asociación veciñal e cultural O Souto ten só tres meses de vida. Parece pouco tempo, pero abonda para comprobar que conta co respaldo do pobo de Rubiáns. Os máis de douscentos socios que ten, e a boa acollida dos actos que xa organizaron así o din. Xurxo Abuín é o seu presidente e unha exposición de motos vellas a vindeira actividade.

-A exposición inaugurase o xoves. Como xurdiu a idea?

-Contactaron cun dos compañeiros e decidimos organizala.

-Cales son as intencións de «O Souto»?

-Defender os intereses da parroquia e incidir no tema cultural. Queremos que a xente de Rubiáns se una para traballar de forma colectiva.

-Que cousas fixeron a cales son os seus proxectos vindeiros?

-O primeiro que fixemos, antes de crear a asociación, foi celebrar o san Xoán. Despois, inauguramos o centro cultural cun concerto de 7 setenta (no que eu toco), vimos de pechar unha exposición de fotos de Rubiáns e agora teremos a de motos vellas. Queremos potenciar o grupo de gaitas e volver a crear o grupo de baile.

-E de axudas institucionais como andan?

-Ata o de agora non temos queixa. Cando invitamos ao grupo de goberno á inauguración viñeron a alcaldesa e o concelleiro de Cultura. Estamos agardando a ver que paso o ano que ven co asunto dos cartos. Os deste ano foron para as mulleres rurais.