Enxebre-Érguete presenta a súa nova peza teatral no Grove

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

21 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

obradoiro de teatro Enxebre-Érguete presenta esta tarde a súa nova peza teatral na casa de cultura Manuel Lueiro do Grove. A actividade desta entidade cumpre xa dez anos e dá a casualidade de que quen vai dirixir aos nenos nesta función é Atenea Fernández unha rapaza que comezou no primeiro cursiño Enxebre-Érguete. Nesta súa primeira experiencia como directora presentará, xunto con Laura, Fran, Sara Iñaki e Sara, a peza Vita , un texto teatral escrito por Marcos Grande Pazos. Desde o obradoiro aproveitan para recordar que esta posta en escena «só é un exemplo máis do necesario que é para O Grove pensar na creación dun espazo realmente habilitado e útil no que desenvolver este tipo de actividades culturais». Entretanto, a cita para esta tarde é ás oito e media.