«Loitaremos por gañar a liga»

Ignacio Meitín Buján
i. meitín buján BURELA / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

Di que o plantel actual é «máis completo» que o da pasada tempada

27 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O Burela-Pescados Rubén non foi quen de acadar punto algún nos seus enfrontamentos na casa con dous dos xigantes da Primeira División feminina. O Móstoles gañou no Vista Alegre por 0-3 e o Ponte Ourense fíxoo por 0-1. Dúas derrotas cun contido extrano que deixan o conxunto de Pardeiro lonxe das posicións de privilexio, pero sen consecuencias nas miras nin na carga anímica das xogadoras. «Loitaremos por gañar a liga», advirte Lucía Nespereira, que onte festexaba o seu 25 cumpreanos dándolle voltas ó desenrolo do encontro xogado o sábado.

-¿O infortunio foi outra vez o motivo da derrota?

-Falar de novo de mala sorte pode resultar casino para a xente... O certo é que non fomos inferiores ó Ponte. Encaixamos o gol nun rebote no que o balón caeulle a Ampi, que case nunca erra, e 35 segundos despois o remate de Peque foi contra o poste. Pero non hai que darlle máis voltas. Como di Pardeiro, ó final de liga cada un vai estar onde se merece.

-En 80 minutos non foron capaces de facer nin un so gol.

-Certo. Está claro que nos está faltando acerto para converter as ocasións que creamos, e isto puido ser outro dos motivos destas dúas derrotas. Pero de momento non hai por que preocuparse, xa que estamos creando bastantes ocasións.

-Fáltalles unha referencia ofensiva.

-O ano pasado era Vanessa. En calquera caso, temos varias xogadoras que poden alternar esa responsabilidade. Neste equipo os goles case sempre quedan moi repartidos.

-¿Qué conclusións sacou destes dous encontros diante do Móstoles e o Ponte Ourense?

-Que este Burela é mellor que o do ano pasado, máis completo. A baixa de Vanessa foi importante, pero as xogadoras que chegaron como reforzos déronlle o equipo o equilibrio que lle faltaba. Estou segura de que vamos dar que falar.

-¿Ser campionas é imposible?

-Por suposto que non, loitaremos por gañar a liga. Este ano a igualdade é maior, tal e como se pode comprobar cos resultados das tres primeiras xornadas.

-¿A que equipos ve con máis posibilidades de acadar o título?

-Ponte Ourense, Móstoles e Córdoba. O Burela e o Navalcarnero tamén estamos nese grupo de candidatos, aínda que con menos opcións.

-¿O Burela sería un claro candidato ca chegada dalgún reforzo?

-Segurísimo. A impresión que temos e a que teñen o resto dos equipos é que a nosa plantilla é algo curta para facer fronte a una tempada tan larga e exixente.

-O sábado toca viaxar á pista doutro xigante, o Cajasur Córdoba.

-Será un encontro moi difícil, pero tamén para elas xa que é unha pista que sempre se nos deu ben, aínda que este ano o Córdoba é máis forte.

Lucía nespereira xoGADORA Do BURELA-PESCADOS RUBÉN