«Pensamos en algo diferente ao museos para achegar o mundo do mar ao público»

La Voz

A MARIÑA

17 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Alexia Luiña López, autora da tesina na que se basea a proposta de convertir o arquivo da confraría de Burela en centro de documentación, prantexouna cando empezou a traballar e clasificar os fondos documentais, fotográficos e sonoros que agora poden verse, de luns a venres, de nove da mañán a dúas da tarde.

-A tesina estruturouna en tres partes.

-Das dúas teóricas, a primeira analiza o patrimonio cultural, especificamente o marítimo, e o proceso de toma de conciencia dos seus valores, detallándose iniciativas para fomentalo en Galicia. A segunda profundiza na funcións dos centros de documentación, analizando experiencias de outros centros con misión educativa. A terceira sustenta a proposta, tras unha análise do entorno externo e interno do Arquivo da Confraría de Pescadores de Burela, e das fortalezas, amenazas, debilidades e oportunidades do centro.

-¿A quen iría dirixido?

-Pensamos en facer algo diferente aos museos para divulgar a cultura mariñeira, protexer o patrimonio marítimo e o medio ambiente. Traballando con asociacións e colexios, organizando actividades, difundindo información, queremos achegar o mundo do mar ao gran público.

Outros proxectos socioculturais da confraría de Burela son a creación dunha biblioteca auxiliar do arquivo e a divulgación da súa labor a través de internet.