O colectivo acaba de crear un coro tradicional e de cantos de taberna
02 feb 2011 . Actualizado a las 06:00 h.A Asociación Cultural Gaita Escola, con sé en Masma (Mondoñedo) vén de formar un coro de música tradicional e cantos de taberna, que se suma á xa interesante oferta deste novo colectivo. Roberto Sala (Barcelona, 1969) é o director musical.
-A asociación é, máis ou menos, de recente creación. ¿Como foi a acollida da xente?
-Este é o segundo ano e a resposta da xente é fabulosa. Estamos contentos. Gaita Escola ten un aire alternativo, onde valoramos a calidade musical e o enrequecemento social. Hai moito interese pola cultura, moito amor pola cultura e por facela con calidade musical e sobre todo sin ningún tipo de obxectivo marcado, simplemente por disfrutar. En Gaita Escola dánse clases de frauta traveseira, gaita, percusión, pandeireta, agora canto tradicional e de taberna, bothram (percusión irlandesa), guitarra, requinta... É coma unha escola de música tradicional e folk.
-Na Mariña debe ser única, na súa forma de traballar.
-Con esas características, quizais si é a única. Anda sobre a trintena de socios.
-O coro tradicional e de cantos de taberna é a última oferta.
-Acaba de empezar. A primeira resposta foi moi positiva. O leva Ana García. A nosa intención é recuperar algo tradicional. Igual que cando estamos de foliada... unha cousa que fai moito a asociación é tocar, facer actividades lúdicas sen grandes ambicións, só co fin de que a xente o pase ben.
-¿Cal é a súa traxectoria formativa e docente?
-Eu teño unha formación clásica, tanto en gaita como na música tradicional. Estou agora nos grupos Martín Codax e Acibreira, son profesor de flauta, requinta e batería na Central Folque. E estou estudando moito o violín, son un enamorado de Bach...
-¿Quédanlle máis espiñas dentro do ámbito musical?
-Moitas. Sempre manteño moita ilusión coa música, sigo estudando frauta...