«As bodegueiras facían os traballos máis duros»

La Voz

A MARIÑA

Nuevo Cal citou outra figura feminina «moi común en Viveiro, Ribadeo, en toda Galicia, incluso Portugal», a das chamadas bodegueiras: «A maioría eran mulleres solteiras que non casaban polo que fose, con fillos ou sen fillos, que podían vivir nunha casa pequena, tipo bodega, humilde e facían os traballos máis duros, como a carga e descarga do sal dos barcos(...)». «Era moi sometida aos traballos que non querían os homes, axudaron na traída da auga dos anos 20, no cementerio novo de Viveiro, carretaban lousa de Covas, tamén se dedicaban a traballar o liño...», sinala.