Iberdrola terá que aboar 48.000 euros a Quiroga e Ribas de Sil

La Voz

A MARIÑA

Á marxe dos asuntos aprobados pola xunta de goberno, Antonio Gato informou de dúas sentenzas. Unha, do Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Lugo que desestima o recurso interposto por Iberdrola para a reposición da liquidación do imposto de bens inmobles de características especiais do exercicio 2008 correspondente aos encoros de Montefurado e San Esteban, polo que a compañía terá que ingresar 48.050 euros nas arcas dos Concellos de Quiroga e Ribas de Sil.

Outra sentenza, neste caso do Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Lugo, obriga á Deputación a aboar 2.848 euros a Autocares Manolete por un desprendemento de terra na estrada que tivo lugar na estrada de Touzas a Belesar, en Chantada.