Antón Bao e Antonio Veiga visitaron aos compoñentes da escola de fútbol sala burelense

La Voz

A MARIÑA

O vicepresidente da Diputación, Antón Bao, e o responsable de Deportes do organismo provincial, Antonio Veiga, realizaron onte unha visita aos compoñentes da escola de fútbol sala do Burela FS.

A viaxe institucional estaba enmarcada dentro do convenio firmado pola Diputación e a entidade burelense, onde se inclúe o seguimento das actividades da mesa por parte do ente provincial.

Unha vez que a visita ás escolas finalizou, os dous representantes da Diputación acudiron ás oficinas do club, lugar no que a directiva lles brindou unha recepción e os informou das diferentes iniciativas nas que está inmersa a entidade naranxa . Igualmente, os directivos burelenses aproveitaron a presenza de Bao e Veiga para agradecer á Diputación o seu apoio ao club.