O cronista oficial de Foz, Suso Fernández, e Francisco Carballo, profesor xubilado da Universidade de Vigo, abriron onte á noite os actos conmemorativos do vinte aniversario da Asociación Sociocultural A Pomba do Arco. A xornada de hoxe estará dedicada á lingua, coa intervención de Xosé Xoán Barreiro Prado, maxistrado da Audiencia de Pontevedra, e Pilar García Negro, profesora da Universidade de A Coruña. Será ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz.
Mañán, liga de billarda
Para o domingo queda a celebración da cuarta xornada de Liga Nacional de Billarda Aberto do Chicharro Lañado. «Permitirá achegar a Foz un partido deste deporte tradicional que forma parte dos xogos dos nosos pais e avós», destacan desde A Pomba do Arco. A cita terá lugar as 15.30 horas, no polideportivo do Campo da Cabana. E o día 28 haberá unha cea festa na sala Bahía para cerrar os actos. Antes haberá tamén un recital.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios