«Temos rutas bonitas que suben a montes, fragas e se ve todo o litoral»

A MARIÑA

04 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Hai pouco que funciona en Vilaframil (Ribadeo) unha nova empresa de turismo activo, de paseos a cabalo e rutas guiadas, creada polos irmáns Cortón Teijo, Marco (Trabada, 1980) e Noel. Son moi poucas as empresas deste tipo en toda a comarca, polo que esta abarca unha zona extensa dende Luarca ata Xove pasando polos Oscos. «Aos que aproveiten para vir á praia das Catedrais, cádralles moi ben para dar paseos pola zona. No verán non todos os días hai tempo para ir á praia», explica Marco Cortón. Con Madanela contáctase no 633 393 330.

-¿Cantos cabalos teñen e cal é o mellor para dar un paseo tranquilo?

-Dez en total: Colino, Quinto, Chamas, Blanco, Nevado... vamoslles poñendo nomes. O máis pacífico é Negro, que é moi tranquilote... é coma andar cun can pola corda. Do que presumimos é de que os nosos son cabalos moi bos, que dan a man, e iso é importante. temos outros na casa con máis xenio e bravos, máis ben para xente xa entrenada. A base é estar con eles todos os días e darlles moitos mimos.

-¿Que rutas ofrecen ao público?

-Temos rutas de unha hora a media xornada. A máis curta lla recomendamos a xente que nunca montara a cabalo. O cabalo cansa, é un movemento continuo. Temos rutas a cabalo moi bonitas que suben aos montes, vese todo o litoral de Foz a Ribadeo, cruzamos ríos, metémonos por sitios con fragas... Todas as nosas rutas pertencen ao Camiño Norte.