«Teño que intentar escribir máis e a ver se consigo máis premios»

A MARIÑA

Dous alumnos do IES Perdouro de Burela conseguiron o segundo e terceiro premio do certame Trapero Pardo. Eles foron respectivamente Tania Menéndez García (Burela, 1991) e Pablo Santomé Izquierdo. Á hora de presentar os relatos se inspiraron en historias que a Tania lle contou a súa avoa Julia Novoa Vázquez, viúva de Melitón García Trobo, vencellado á apertura da vía do tren da costa, e Pablo escoitou de súa bisavoa Carmen López, trabadense de 93 anos.

-¿Que recibiu de premio?

-A mín déronme un diploma, un trofeo, un lote de libros e un I-Pod.

-E este foi o que máis lle gustou...

-¿O i-pod? ¡Si, claro!

-¿Que a animou a presentarse?

-Foi Bernardo Penabade o que nos animou a participar no concurso.

-Escribiu unha historia da avoa, ¿que tal a relación con ela?

-Moi ben, conmigo sempre se portou ben. Contoume unha historia de meu avó, que ía a Ferrol en bicicleta para ver a unha rapaza, que chegaba á casa e se escondía dos pais. Sempre me fala de que naqueles tempos as carreteras non eran como eran as de agora... ¡por enriba ir a Ferrol en bici e o valor que tivo de ir ata aló!

-¿Gústalle escribir?

-Si, gústame.

-¿Que pensou cando lle comunicaron o premio do Trapero Pardo?

-Non mo podía crer. É a primeira vez que gaño un premio, a nivel provincial... hai que intentar escribir máis e a ver se conseguimos máis premios.