Ferna´ndez valora coma «vitoria» o último punto do Balonmán Viveiro

La Voz

A MARIÑA

19 dic 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O Balonmán Fishing Work Viveiro vía truncada o sábado a súa xeira de vitorias consecutivas, logo de que os viveireses só puidesen acadar un empate a 25 na complicada cancha do Club Deportivo Conxo.

De todos os xeitos, o preparador dos mariñaos fai unha lectura positiva do punto sumado en terras santiaguesas. «O empate sabe a vitoria, xa que era un partido moi complicado e nunha das canchas onde penso que ninguén vai conseguir sacar algún punto máis, polo que podemos considerar que é un punto que sabe a dous. Ademais, gracias e el seguimos imbatidos esta tempada», manifestou.

Asemade, o técnico do Fishing Work destacou o feito de que os seus pupilos souberan sobrepoñerse a ir a remolque durante practicamente toda a segunda metade e a chegar ao tramo derradeiro de partido tres goles abaixo, «o que demostra que o equipo vai collendo madurez, confianza e se sabe seguro das súas posibilidades».

O Fishing Work Viveiro tratará de volver á senda das vitorias mañá, no encontro que os enfrontará ao Balonmano Narón (Municipal de Viveiro, 18.15 horas). Juan Fernández agarda un encontro «moi difícil, xa que é outro dos equipos fortes da categoría e que o pasado sábado perdeu tan solo de dous goles en Pontedeume, o que demostra que están moi centrados no seu xogo. E, a maiores, son un conxunto que non se nos dá ben, historicamente», concluíu.

Un triunfo dos viveireses deixaríaos no alto da táboa durante o parón de Nadal, cos mesmos puntos que o CD Conxo, que xa xogou o partido desta terceira xornada na ponte da Constitución. Os santiagueses venceran por 23-26 na pista do Balonmán Culleredo. Viveireses e compostelanos son os únicos do grupo que non coñecen a derrota este curso. O resto de resultados da pasada xornada foron os seguintes: Bm. Culleredo 24-33 Bm. Lucus, Ártabro Hércules 27-25 Bm. Ferrolterra e Bm. Pontedeume 29-27 Bm. Narón.