pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.amarina
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

«O público adoptou as nosas camisetas como un xeito de orgullo, de dicir son galego»

entrevista | xosé miranda | Diseñador

Autor:
La Voz
Fecha de publicación:

Xosé Miranda (Burela, 1970) é un dos creadores de Rei Zentolo, a firma que deu acubillo as ideas de dous deseñadores no 2003, a firma que lanzou unha serie de camisetas con logotipos cargados de retranca e referencias sentimentais a terra. Miranda conta como o deseño en clave galega abriuse paso con humor, moitos días de feira e sen manuais de márketing.

-Soupa de Grelos (a primeira camiseta que ofrece La Voz) foi un dos vosos primeiros éxitos. Como foron os comezos?

-O deseño da Soupa de Grelos naceu no 2002, antes de que nos puxeramos a traballar como empresa. As tendas non nos fixeron moito caso. Non interesaba o deseño de temática galega. Mandaba outra estética, unha estética urbana, dicían. Así que... a patear feiras e festivais. No Festigal de Santiago puxéronnos nunha esquina e o primeiro día case non vendemos nada. Pero o segundo día vendemos as 300 camisetas que levábamos.

-Que mudou para que vos chagase o éxito?

-As nosas camisetas convertéronse nun bum en feiras e festivais, entón empezamos a ter clientes e tendas interesadas na distribución. Que mudou? Supoño que había un mercado para as nosas prendas, o público adoptounas como un sinal de identidade, un xeito de orgullo, de dicir son galego, de acercarnos ao noso. Tampouco temos posibilidades de facer grandes campañas de promoción. Fomos coñecendo o mercado pouco a pouco, e recorremos Galicia darriba abaixo en plan comercial.

-Como é o proceso creativo dun deseño?

-Primeiro lanzamos unha tormenta de ideas, logo cada un fai os seus deseños (somos agora catro) e pómolos en común. Hai moitos que rematan no caixón, pero cada seis meses sacamos unha colección nova. O éxito dos deseños varía. Hai algún dos primeiros que fixemos que hoxe se vende ben. No caso da Soupa tivemos a mala sorte que un programa fixo o seu logo a partir da lata de Warhol, e a xente que non coñecía a Warhol identificaba a nosa camiseta co programa.

-Cal é a razón de que se vendan tan ben?

-Os nosos deseños no se basean na cor, aínda que as veces o que fai que unha idea aparcada empeza a funcionar é un simple cambio de cor. O noso é algo máis. Un slogan, unha idea coa que a xente se identifique.

 

ENVIAR NOTICIA  

«O público adoptou as nosas camisetas como un xeito de orgullo, de dicir son galego»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«O público adoptou as nosas camisetas como un xeito de orgullo, de dicir son galego»
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.amarina
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.amarina
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd