Un ribadense de primera categoría

La Voz

A MARIÑA

04 may 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Los elogios para glosar la figura de Leopoldo Calvo-Sotelo se sucedieron ayer en Ribadeo. Los alcaldes que tuvieron oportunidad de tratar con él destacan su apoyo incondicional y su contribución al desarrollo de Ribadeo.

Eduardo Gutiérrez, que fue regidor durante dos legislaturas por el BNG, destacó ayer el perfil humano del ex presidente del Gobierno: «Era unha persoa con capacidade de ironía, de gracia, a veces contraditoria con esa imaxe seria que se forxou de el. Lembro en plan anecdótico que cando pechamos o basureiro que ardía no faro e tiñamos dificultades para buscar un lugar alternativo, el sen que ninguén llo pedira foi a apoiar na radio calquera ubicación alternativa. Sempre amosou interese polas cuestións vinculadas con Ribadeo, facilitou as xestións coa xente que coñecía e era unha persoa de conversa moi interesante e amena, non unicamente pola súa experiencia política, senón pola súa capacidade intelectual. Eu recomendo a lectura dos seus libros, en especial de Pláticas de familia ».

Balbino Pérez Vacas, ex regidor socialista, apuntó: «Sempre que necesitei algo para Ribadeo, obtiven o seu apoio. Penso que Ribadeo vive a rebufo do que se fixo impulsado por Leopoldo, a Ponte dos Santos, o alumeado, a traída de agua, o asfaltado de rúas... Él axudaba sempre que se lle pedía, e poño como exemplo a organización dos Foros de Debate do grupo Voar. Penso que foi unha persoa fundamental para proxectar a imaxe de Ribadeo en España e que todos os ribadenses o ven así».

El actual alcalde, Fernando Suárez, manifestó: «Débese facer un recoñecemento público como mostra de agradecemento a un ribadense máis, o alcalde honorario que sorprendía a todo o mundo cando o viamos paseando por Ribadeo, de compras, como un máis. Independemente das cuestións políticas, foi un bo home que aproveitando a súa responsabilidade como presidente do Goberno de España botoulle unha man a Ribadeo. Foi un veciño que honrou ao seu pobo, ao pobo de Ribadeo».

En términos similares se pronunció José Carlos Rodríguez Andina, alcalde del PP durante dos mandatos: «Es una gran pérdida. No soy de su círculo íntimo de amistades, pero durante mi gestión tuve el honor de coincidir con él y con sus dos hijos, que ocupaban cargos en ministerios. Fue un ribadense de primera división, volcado y preocupado en todo momento por lo que se podía hacer para mejorar el municipio».