«Se hai un servizo novo, unha tecnoloxía nova, créase unha necesidade»

A MARIÑA

16 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Emilio Vázquez (Valcarría-Viveiro, 1973) traballa coa empresa Novatec Mariña, centrándose fundamentalmente nos sectores da informática, a electrónica e o audio.

-¿Como atopa a maior parte das instalacións cando as arranxa?

-As novas depende quen as fixo. Unha ben feita dura moitos anos. Se é moi vella e andiveron modificando e da problemas, ata que se pon como ten que estar non funciona ben.

-Tamén instala sistemas multimedia, ¿aumenta cada vez máis a demanda nos fogares domésticos?

-Coa incorporación de novos equipos o cableado aumenta. Agora tes un vídeo, un gravador, un home cinema, a play station... hai máis cableado e hai máis instalacións e tes que recorrer a un tipo de selector de sinais.

-¿Con que problemas se atopa no traballo cotiá?

-Pois a veces algo que non che funciona e o conectas e nun momento dado non sabes por que non vai, e a maiores teñas o tempo limitado. Outras veces é unha simple tontería.

-¿Que máis traballos fan?

-Facemos un pouco de todo: instalacións en locais, de audio, de audio e multimedia pero tamén en coches, que é outro mundo porque o espazo é reducido. No fogar tes un montón de sitios onde traballar, pero no coche non tes espazo. E agora tamén o queremos ter no coche, por exemplo as típicas pantallas de deudevé. Se hai un servizo novo, unha tecnoloxía nova, crease unha necesidade.