Fernández narrou os acontecementos mariños máis luctuosos

La Voz

A MARIÑA

Suso Fernández, doutra xeración máis xove, narrou os acontecementos mariños máis luctuosos para a bisbarra de Viveiro: os naufraxios do bergantín Palomo e da Fraga Magdalena (1810), o do Santana (1951) e a galerna de 1961, traxedias que de tanta dor asulagaron as costas galegas.

Antón, Flecha e Laureano queixáronse do abandono que padece o porto, de peiraos para adentro.

Esta xente que forma parte da paisanaxe mariñeira foron tamén autocríticos denunciando a desunión do sector, e menos mal que nos puxeron as duascentas millas, si non íamos pescar á casa de Margaret Thatcher, ¿verdade Antón?

Participación

O público participou nunha rolda de preguntas e apreciacións que contribuíron para que, ademáis de interesante, resultase ameno este encontro con pescadores no outono da súa vida, cando a memoria navega a dúas augas, entre a saudade e o olvido.