Se se confirma o retroceso da lingua no ensino, Louzao lembra que propoñerán a folga no sistema educativo
28 Oct 2009. Actualizado a las 02:00 h.
O quinto congreso da CIG-Ensino revalidou a Anxo Louzao como secretario xeral. O sindicato maioritario no ensino público ten claras as súas reivindicacións: unha educación en galego, pública e que prestixie ao docente.
-¿Cal é nestes momentos o principal problema do ensino?
-O primeiro sería a situación actual de normalización lingüística, derivada da política involucionista e de persecución do galego que ten o PP, con accións como a derrogación do decreto do galego, que de todos os xeitos xa non se cumpría.
-¿Cumpriuse algún decreto do galego?
-Este non se cumpre e non se cumpría o anterior, pero xa co goberno bipartito, porque mesmo houbo partes que non se desenvolveron. O primeiro que se fixo dende este Goberno foi eliminar unha proba en galego para acceder á función pública; a modificación do currículo de infantil só no aspecto do galego; adíanse as axudas a equipas de normalización, e acabouse coas galescolas. Todas as medidas foron en contra da presenza dos resortes legais que ten o galego na escola.