La Voz de Galicia

«As protestas da LOU foron un paso adiante para todos»

Santiago

EMMA ARAÚJO EL CRONÓMETRO Rudy Lamas Gesto, novo edil do PSOE de Ames

24 Jan 2002. Actualizado a las 06:00 h.

Ten Rudy Lamas cara de estudiante, non de alguén que onte asumiu a responsabilidade de meterse de cheo en política como edil da oposición socialista de Ames. A súa toma de posesión estivo cargada da solemnidade de quen se estrena na tarea. Por iso repartiu bicos a todas e ofreceu a súa man a tódolos compañeriros de corporación. Os guiños chegáronlle, como era lóxico dos do seu partido. Eso si, a todos chamou a atención a súa primeira intervención. Pediu a palabra, expresou a súa ledicia por representar ós seus veciños e solidarizouse cos compañeiros da vida política no País Basco. -¿Como chega un rapaz de 21 anos á política? -Levo dende os dezaseis anos militando no PSdG-PSOE, non estiven nas Xuventudes Socialistas, e fun o candidato máis novo deste Concello. Fíxeno porque pensei que podería servir para facer algúns cambios, eliminar algúns tics que hai en política. Temos que superar o descuido que hai ca xente nova. -¿Como ve un rapaz novo do PSOE as recentes manifestacións de estudiantes? -Demostramos que algo nos interesa saímos á rúa. As protestas da LOU foron un paso adiante para todos. -¿Cal é o primeiro pensamento despois da toma de posesión? -Emoción, sobre todo pensado que sempre quixen asumir a representación da cidadanía. Pensei, como dixen no pleno, nos compañeiros de Euskadi que son igual ca min. Estudian, traballan e fan política para os seus veciños. Paréceme lamentable que teñan que pagar cas súas vidas. -¿Que traballo tes pensado desempeñar dende a oposición? -Dedicareime a políticas xuvenís e de medio ambiente, no partido e no Concello.


Comentar