La Voz de Galicia

Entre cantos e corais

Pontevedra

Susana Acosta

Mentras a Diputación celebra a I edición do festival de corais, Cantos na Maré ofrece un espectáculo mestizo

13 Dec 2008. Actualizado a las 02:00 h.

Esta tarde o Teatro Principal de Pontevedra está de estreo. É a primeira vez que a Deputación organiza un festival de corais. As voces comezan a quentarse e todo está a punto para que se celebre este certame que reunirá corais da provincia.

O organismo provincial no seu afán de colaborar co desenvolvemento e actividade das corais da nosa provincia, pon en marcha esta iniciativa na que hoxe desenrólase a segunda fase. A primeira tivo lugar o pasado 29 de novembro no Auditorio da Xuventude de Cambados cun gran éxito de participación.

As corais participantes, todos eles da provincia, teñen un mínimo de trinta membros e un máximo de sesenta. Cada unha interpretará tres obras, sen acompañamento instrumental, das que polo menos unha deberá ser de autoría ou temática galega.

O Coro Chorina, da Asociación de Mulleres de Moaña, que dirixe Rosa María Cerviño, será o encargado de inaugurar este certame, que dará comezo ás 17.00 horas. No festival, que terá unha duración de dúas horas, participarán grupos polifónicos como a Agrupación Coral Pazo de Oca, de A Estrada, a Coral Moañesa, Airiños da Asociación Cultural de Campañó, Queixumes de Hío, a Coral Polifónica de Rodeiro, a de Ponteareas e a Polifónica Estradense. Ao final do acto, os participantes recibirán un diploma acreditativo e un trofeo.


Comentar