A consellería aposta polas novas tecnoloxías para superar a «brecha dixital» e quere relanzar o Festival de Cine de Ourense
02 Sep 2002. Actualizado a las 07:00 h.
Aínda que «ven de aterrizar» na delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Ourense, donde tomou posesión o pasado 6 de febreiro, José Luis Pérez Pérez sempre estivo vencellado á actividade cultural ourensana. Nun primeiro balanzo de actuación cita unha morea de proxectos e iniciativas que se teñen desenvolvido nestes meses, sen deixar de cavilar naquelas actuacións de referencia para a provincia: o complexo cultural de San Francisco, o parque castrexo de San Cibrán de Lás, a posta en valor da Vía Nova ou a construcción dun hotel monumento no mosteiro de Melón, entre outras actuacións.
Con catro direccións xerais na consellería -as de Promoción Cultural, Patrimonio, Turismo e Comunicación Social- os traballos e actuacións «non faltan. Tés que estar en moitas frontes: desde acudir a Leiro para mirar de que non se afecten entornos como o da igrexa de Serantes cunha estrada a implicarse na nova etapa do Festival de Cine».