Entrevista | Os Tonechos Roberto Vilar é Tonecho; onte actuou para esta entrevista como portavoz do dúo humorístico de moda, que esta noite ofrece un espectáculo na vila dos Andrade
Roberto Vilar é Tonecho; Víctor Fábregas, Tucho. Esta noite, a partires das doce e media, farán rir aos eumeses. A entrevista desenvolveuse onte por teléfono. Roberto fixo de portavoz do dúo humorístico de moda.
-¿Que vai ver o público de Pontedeume?
-Pois un espectáculo moi interactivo, no que subiremos xente ao escenario para meternos con ela.
-¿E iso?
-É o que lle gusta á xente, rirse dos demais.
-¿A qué se dedican?
-A iso, a facer rir á xente.
-Xa, pero ¿que tipo de humor fan?
-Non che sabería dicir, No noso humor hai cousas populares, surrealistas... por iso chegamos a tanta xente.
-E a xente ben, ¿que pensará dos Tonechos?
-Penso que tamén lles gustamos. Tamén hai xente nas aldeas á que non lle gustamos ¡eh!
-Para falar con vostedes hai que contactar cunha axencia de Madrid. ¿Que significa iso?
-Nada.
-¿Nin que van dar o salto fora de Galicia?
-Non o desbotamos. De momento, en novembro empezamos co noso programa propio na TVG.
-¿E Gayoso?
-É unha marabilla.
-¿De onde sacan os seus personaxes?
-De fixarte nas cousas e de coller aquilo que che interesa.
-¿E de improvisación como andan?
-Para improvisar hai que ter un bo guión. [O dúo Os Tonechos dispón de tres guionistas, entre eles Roberto e Víctor].
-Fóra do escenario ¿tamén son os Tonechos ou son seres aburridos?
-Os actores teñen fama de ser aburridos, pero nosoutros somos pallasos, moi pallasos, tanto no escenario como fóra del.
-E ¿de onde saíu o nome do grupo?
-Soa ben ¿non?
-E ¿xa cobran como estrelas?
-Considerámonos ben pagados.