O día 18 terá lugar a vixesimosétima edición da festa gastronómica de Bandeira
08 Aug 2001. Actualizado a las 07:00 h.
Acercáse a Festa da Empanada. Coma sempre, Bandeira acollerá a milleiros de persoas, o ano pasado máis de seis mil, desexosos de probar os variados tipos do exquisito manxar galaico.
Nesta ocasión a festa trae unha novidade, un premio á empanada máis farturenta. Están de noraboa os máis comilóns, seguro que a empanada gañadora deste premio non os deixa con fame. Ademais, como en edicións anteriores, haberá premios ós restaurantes, ás amas de casa e á orixinalidade.
Está previsto que festa empece sobre as seis da tarde. O prazo para reservar mesa remata o venres 17. O precio de inscripción será de 3.000 por mesa agás os socios que terán dereito a dúas mesas.