La Voz de Galicia

«O Candán cumpre de sobra os requisitos para ser zona protexida»

Deza

ÓSCAR ALFEIRÁN LA ENTREVISTA Martiño Nercellas, presidente da asociación ecoloxista Sobreira de Lalín Sobreira é a asociación ecoloxista máis importante das que hai no Deza. O seu presidente, Martiño Nercellas, leva xa moitos anos na defensa da natureza dunha comarca que conta con numerosas zonas de interese e cunha cantidade de especies animais e vexetais que a fan salientar en Galicia e mesmo na Península Ibérica. Nos últimos anos, as preocupacións de Nercellas céntranse nos proxectos de construcción de múltiples parques eólicos e encoros.

12 Nov 2000. Actualizado a las 06:00 h.

Como biólogo, Martiño Nercellas é un gran coñecedor da natureza, especialmente da do Deza, onde ten participado en estudios sobre o lobo, as aves rapaces e outras especies non tan simbólicas pero igualmente interesantes e, na meirande parte dos casos, en grave perigo de desaparición. _Vostedes denunciaron que Medio Ambiente ten paralizadas as obras do parque eólico Coco-Masgalán, no Candán. _É certo, xa que non conta co estudio de impacto ambiental. E é un insulto. Eu creo que fano descaradamente pensando que adiantan traballo. Bota un pouco por terra as teorías das empresas eléctricas que din que fan os parques eólicos para conservar a natureza. _¿Para facer unha obra deste tipo é obrigatorio contar ca declaración de impacto ambiental? _Si. Hoxendía é necesario que Medio Ambiente emita estes informes antes de facer as obras. Nestes informes débese recoller se o espacio no que se quere construir reúne as características necesarias para conservalo, en función dunhas directrices que marca a Unión Europea ou se, por contra, non reúne estas características. No caso do Candán, cumpre de sobra e cunha nota sobresaínte en canto os valores naturais que ten. _Logo, ¿como interpretades que as obras escomezaran en Coco-Masgalán? _Porque é un comportamento habitual nestas empresas. Pero a Xunta concedeulles ata o de agora todos os proxectos que presentaron, incluso en zonas de moito máis valor ambiental que O Candán coma é a Serra do Xistral. Se aí non tiveron problemas, aquí aínda menos. Ademais están acostumbrados a que non se denuncien estas situacións. _¿Qué efectos tiveron os traballos feitos? _Pois unha desfeita ben grande. E iso que trátase dun espacio protexido dende o ano pasado. Houbo intervencións sobre case unha hectárea de terreo, movementos de terra, apertura de máis de un kilómetro de pista. Ademais, aí hai maquinaria para facer unha boa desfeita.


Comentar