La Voz de Galicia

«Quería que a cultura e a literatura galega se preservasen»

Cultura

R. Romar Redacción / La Voz

Hakan Casares di que o seu pai tiña claro a importancia de que o galego chegara á xente

11 Jul 2016. Actualizado a las 05:00 h.

Hakan Casares, o fillo maior do homenaxeado, aínda estaba onte emocionado polas continuas mostras de agarimo e admiración que recibiu para o seu pai con motivo da elección da súa figura para o Día das Letras Galegas.

-¿Como se sinte?

-Cunha inmensa ledicia. É moi difícil de explicar e compartir as mostras de cariño e admiración recibidas, que che digan todos a boa persoa e o gran escritor que era. Oxalá que todo o mundo tivera a sorte de que lle digan o que vale o seu pai.

-Din que o seu pai pode contribuír a popularizar aínda máis o Día das Letras Galegas.

-Non sei si se popularizará mais ou menos, porque todos os candidatos eran moi valiosos. É unha decisión da Academia, pero para min si que é unha figura excelente.

-Xa, pero o seu pai chegaba a moitos públicos.

-É certo que tocaba tódolos paus, moi poucas obras, por exemplo, de teatro infantil, ou unha literatura xuvenil fresca. El fíxoo todo impulsado pola súa necesidade de axudar á formación dunha moderna literatura en galego, e dunha literatura de calidade. E mesmo como articulista, porque el tiña claro de que era importante que o galego chegase a moita xente.

-E os seus artigos periodísticos foron un bo medio para iso.

-El dicía que a súa colaboración en La Voz de Galicia facía que lese en galego moita xente que xamais o faría. Para el era moi importante o feito de que a cultura e a literatura galega se preservasen. Cría que era fundamental.

 


Comentar