La Voz de Galicia

Na procura de solucións

Ciencia

Jesús Garrido

No Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento 2017 buscamos algún sistema breve e eficaz para implicarnos nunha sinxela investigación: recolle o periódico noticias e solucións que se van achegando no mundo e que demostran que os inventos científicos contribúen de verdade á paz e o desenvolvemento dos pobos? O traballo é simple, pero hai que facelo se queremos demostrar que a ciencia non é algo afastado e que o seu traballo nos rodea en toda a nosa vida. Comprobámolo? > CIENCIA, PAZ E DESENVOLVEMENTO

08 Nov 2017. Actualizado a las 05:00 h.

Trátase dun xogo simple que utiliza catro letras e serve para recordar catro pasos importantes para resolver dun modo creativo un problema, buscando unha solución simple e rápida: do it.

 «Do it»

DEFINIR O PROBLEMA

 «OPEN», ABRIRSE A POSIBLES SOLUCIÓNS

IDENTIFICA AS DIVERSAS ALTERNATIVAS

TRANSFORMA: DÁLLE FORMA E CONSISTENCIA AO PRODUTO LOGRADO

Cinco grandes inventos

Con motivo do Día Mundial da Ciencia 2016 publicouse unha lista de inventos moi larga na que destacan, entre outros moitos, cinco descubrimentos que ao longo da historia influíron dun modo notable na paz e o desenvolvemento dos pobos. Saberías dicir por que esa elección tan breve? Estás de acordo nesta breve selección?, que che parece?

1 Lume. O primeiro descubrimento da historia foi o lume: permitiulle ao home cociñar os seus alimentos e protexerse dos depredadores que o ameazaban.

2 Linguaxe. É este medio de comunicación o que posibilitou que os individuos das tribos cooperasen entre si para realizar o traballo e imporse ás hostís condicións do medio ambiente.

3 A roda. Non se ten a data exacta nin se sabe onde se inventou a roda, pero foi a base impulsora da revolución industrial e grazas a ela foi posible pór a funcionar as máquinas de vapor, os ferrocarrís e as fábricas.

4 A electricidade. Benjamin Franklin foi o descubridor da electricidade, que puxo fin a millóns de anos en escuridade. Foi a partir da súa manipulación como se deu inicio a inventos como ordenadores, televisores, radios ou microondas, que facilitan a vida.

5 Penicilina: Alexander Fleming, o descubridor da penicilina, salvou moitas vidas en todo o planeta. É un medicamento que non só trata enfermidades, senón que prevén e mata os xermes que as causan.

actividades 2017

¿Estás de acordo? ¿Por que eses cinco inventos e non outros? Sen dúbida que es capaz de atopar algún outro invento que teña servido tamén para ese obxectivo de paz e desenvolvemento.

A1. Facemos entre todas da clase unha lista de problemas sociais que nos parecen importantes: fame, sede, saúde, auga, economía, política, pobreza, comunicación, clima, guerras, medio ambiente, paz, electricidade, agricultura, racismo, contaminación…

A2. Colocamos na parede da aula, por exemplo, dez carteis que representen outros tantos problemas.

A3. Dividímonos en parellas e cada parella elixe un problema.

A4. Buscamos na web do xornal ese tema, polo seu título (¡é fácil!) e a ver quen atopa entre as noticias algún invento, algunha actividade importante que sirva para ir resolvendo ese problema.

A5. Non esquezas o obxectivo: contribuír con ese invento á paz e o desenvolvemento.

A6. Xa no grupo total da clase, como demostramos que ese invento reúne eses dous obxectivos: paz desenvolvo?

A7. Intentámolo ao longo dun par de semanas e dedicámoslle cada día 10 minutos a esa investigación. ¡Alguén o agradecerá!

 


Comentar