La Voz de Galicia

Dumbría programa un intenso Abril de Libros

Carballo

La Voz carballo / la voz
Dumbría é un verdadeira refuxio para os libros

O Concello vén de avanzar a programación de Semana Santa, con citas diversas nas bibliotecas, abertas mañá e tarde para facilitar a conciliación

26 Mar 2026. Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Dumbría ofrecerá o mes vindeiro unha completa programación titulada «Abril de libros», tendo en conta a efeméride que nel se conmemora, o Día do Libro e dos Dereitos de Autor. Haberá programación nas cinco bibliotecas (Buxantes, O Conco, Berdeogas, O Ézaro e Olveira) que pasará por contacontos e actuacións e que chegarán da man do programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Non obstante, antes de debullar toda esa actividade, xa vén de facer o Concello un avance do que haberá nestes espazos con motivo da Semana Santa, iniciativas para promover a lectura e facilitar a conciliación familiar. Neste senso, os días laborais non lectivos haberá bibliotecas abertas mañá e tarde (ver máis abaixo). Todo vai ser de acceso libre e de balde, ata completar o aforo:

Bibliotecas abertas


Comentar