Reais
Carballo
05 Jan 2018. Actualizado a las 05:00 h.
A primeira vez, chorei. Pásanos a case todos. Será o balbordo, as luces, a xente, os nervios. O caso é que chorei. Chorei e saín pola tele, porque quen me enxugou as bágoas e me acariñou contra el foi un rei. A primeira vez do meu irmán, chovéronlle caramelos. Non sabiamos ben de onde saían. Chovían do abrigo que a miña nai intentaba abotoar na porta de Raxoi. Porque ía bastante frío. De cativo que era, non dera collido nin un caramelo. Fitaba para eles, sentados, adiviñando que a un non lle gustaba a pescada e que o outro aborrecía a sopa. Sabíanlle os nomes. Como a ilusión.