O alcalde socialista de Cerceda fixo da súa localidade unha referencia no que en canto a ocio acuático se refire. Estableceu no polígono industrial do municipio un parque único en Galicia que se consolida paseniñamente como unha nova alternativa de turismo cada verán.
-¿Cando tomou a decisión de apostar polo aquapark?
-Sempre fun afeccionado aos parques acuáticos. Visitei algúns coa miña familia e decidimos establecer no ano 2000 un en Cerceda porque na nosa comunidade non existe unha instalación semellante. A nosa aposta tivo éxito. Cada verán visitan o parque uns 130.000 bañistas.
-Unha iniciativa respectuosa co medio ambiente...
-A nosa relación coa Sociedade Galega do Medio Ambiente, que ten en Cerceda o seu complexo medioambiental, é excelente. Sogama financiou a instalación dunha grande superficie de paneis solares que conta a auga e que fan a temperatura máis agradable para o baño.
-¿Cando funciona?
-Abriu onte. Chegar ata el é moi doado. Cerceda está localizada nun punto intermedio entre Carballo, Ordes e A Coruña e está sinalizado o polígono industrial onde se atopa.