carballo | Entre as propostas culturais da fin de semana destaca a presenza da compañía As Driadas por partida dobre na comarca. Onte estivo no xardín municipal de Carballo para ofrecer Móve-T, un espectáculo de danza contemporánea no que se mestura o hip-hop con outros estilos como do funky e os bailes latinos.
A compañía coruñesa repite hoxe, neste caso na vila de Laxe. O escenario da súa montaxe será a praza de Ramón Juega, onde actuará a partir das oito da tarde.
Tanto en Carballo como en Laxe, a oferta musical da fin de semana é máis ampla. Mentres na capital de Bergantiños estaba prevista para onte pola noite a actuación de Mercedes Peón, na vila laxense celebrarase mañá (19.00 horas) o Día de Exaltación da Gaita Tradicional Galega.