Entrevista | Antonio González Franco O único clube da Costa da Morte valora como unha «iniciativa única» o Día da Bicicleta que se celebrará o domingo
12 Jun 2003. Actualizado a las 07:00 h.
O Club Ciclista de Cee celebra este ano o seu décimo aniversario. O seu presidente, Antonio González Franco, afronta a segunda década sobre a bici co reto de movilizar ós máis novos para que disfruten do deporte do ciclismo.
O clube de Cee ten nove socios federados e uns vintecinco afeccionados a este deporte. Houbo máis, pero o presidente asume o reto de que o ciclismo repunte. Iniciativas como o Día da Bicicleta, que organiza la Voz de Galicia e Radio Voz, son fundamentais - comenta-para que este deporta colla forza entre a xente.
-Nos deportes tamén funcionan as modas. Eu, nos anos oitenta, coas grandes figuras, non perdía un partido da NBA, e agora non vexo ningún. Tamén no ciclismo pasa isto. Hoxe en día xa non temos a grandes figuras como Indurain, pero hai máis ciclismo despois de Miguel Indurain.