La Voz de Galicia

«Veño para recordar os bos tempos»

Carballo

G. VARELA LA ENTREVISTA Manuel Andrade Cristóbal, presidente de la Federación Europea de Caza No seu despacho de Madrid ten abert a páxina web de La Voz de Galicia, «sempre na edición de Carballo. Aínda me interesa a vida pública do meu Concello». Andrade Cristóbal, personaxe polifacético, ocupa o máximo escalafón da arte cinexética en Europa, pero non olvida os seus orixes e acudirá ó centenario «para recordar os bos tempos». Con Manuel Andrade na presidencia, a Venatoria alcanzou a súa grande época. Nos despachos e na caza, porque él era un gran cazador, en parte gracias a Cani «que tiña unhas narices impresionantes. Si decía que non había nada, podíamos marchar tranquilos», recorda

23 Nov 2001. Actualizado a las 06:00 h.

A entrevista con Manuel Andrade é sinxela. Sorprende co seu trato campechano e familiar. Seguro que resulta desta maneira porque o chamamos dende Carballo, a terra que o viu nacer e á que regresará na conmemoración do centenario da Venatoria de Bergantiños. -¿Qué lle trae á mente a palabra Venatoria? -Téñolle un cariño moi grande. Digamos que fun o impulsor da entidade nos setenta e nos oitenta, e síntome orgulloso porque parte dese proxecto aínda persiste. En certo modo, Justo segue na mesma senda. -Con Justo Balvís reencontrarase na homenaxe. -E con outra moita xente á que lle teño un gran aprecio. Estouno desexando. En canto me chamaron non o dubidei. Agrádame moito a idea de xuntarnos tantos amigos e recordar vellos tempos. -¿Cómo era aquela Venatoria que vostede atopou? -Daquela a Sociedade estaba case morta, con moi pouca actividade. Había moitos problemas cos gardas de vixilancia do coto. Eran todo dificultades. -Pero a cousa cambiou. -E tanto. Convetémonos na Sociedade máis grande de Galicia e case que de España. A finais dos setenta manexabamos un presuposto duns trinta millóns de pesetas, daquela época. E os cartos saían do peto dos nosos socios. Repoblamos o coto enormemente. -E todos tan contentos. -Nin os máis vellos recordaban tal cousa. Dicían que había máis caza que nos tempos de guerra, nos que as escopetas se usaban para outras cousas. -Foi entón cando se acuñou esa frase de que «na Venatoria non se puña o sol». -Como Felipe II. Bergantiños era terreo de caza, e houbo firmas para incorporar a Vimianzo e Camariñas, cousa que non se puido facer. Ademáis tiñamos permisos de caza para irnos por León e Toledo adiante. Eran as oportunidades da Ley do 70. Despois cambiou a cousa, empezou a división de intereses, parroquias e concellos. -¿Hacia onde ten que camiñar a Venatoria? -O campo é moi amplio, a expansión non pode ter fronteras. No mesmo camiño temos actividades coma a cetrería, caza con arco ou silvestrismo. Pero tampouco teñen porqué estar vetadas outras actividades. A Venatoria é absolutamente compatible co senderismo, o fútbol ou o baloncesto. -Vostede que viaxa por Europa presumirá de Carballo. -En Madrid, Bruselas e en tódalas esquinas nas que aparezo. Presumo de paisaxes e de persoas. De vez en cando, tamén das miñas capturas. O primeiro que fago na oficina é abrir a páxina web de La Voz. Aínda estou moi interesado na vida pública de Carballo. -Fala de capturas, logo é un bo cazador. -Funo, en gran parte gracias ó meu can. O Cani tiña unhas narices impresionantes. Si el decía que alí non había nada podíamos marchar tranquilos.


Comentar