Secciones

Tu edición

O patrimonio é un éxito

La Voz de Galicia

Levo varios días reunindo na miña memoria marabillosas experiencias sobre patrimonios culturais locais. Hai unhas semanas, participando no proxecto arqueolóxico do campamento romano de Penedo dos Lobos, en Manzaneda (Ourense), o salón de actos deste concello da montaña, cun gran problema de despoboamento, encheuse para escoitar os resultados da intervención. A veciñanza coñeceu en primicia os resultados da campaña e puido ver en detalle as pezas que recuperamos daqueles militares romanos de hai máis de dous mil anos. O domingo pasado, en Niñóns (Ponteceso), encheuse un auditorio para coñecer un libro sobre as casas da contorna e escoitar falar dos canteiros.

E este sábado todo indica que se producirá en Barbanza un éxito similar. Máis de cen persoas están inscritas para asistir á xornada A Pobra do Caramiñal no tempo, coñecer máis do pasado da vila a través de conferencias (incluída algunha gran sorpresa sobre a relación entre os irmandiños e o Nazareno, agárrense) e subir, xa pola noite, á aba do monte da Curota para descubrir, con luz artificial, a fermosa historia que agacha o petróglifo da Pedra Leirada. Tivemos tanto éxito que houbo que convocar outra noite máis para poder responder á demanda.

Teads fallback - Discover inRead by Teads!

Todo isto ten unha ensinanza clara: non é certo que á xente non lle interese o patrimonio cultural. Trátase máis ben de pensar en como facer máis interesante, máis atractiva, a cultura e a historia.

O patrimonio é a mellor aposta que poden facer os políticos para tratar de animar a vida cultural dos seus respectivos municipios.

Tags: Monte Curota Comarca do Barbanza Ourense ciudad Manzaneda A Pobra do Caramiñal Ponteceso
Ver Comentarios