Reportaxe | Viaxe ao pasado Os alumnos dos tres centros de secundaria da capital barbancesa poderán, ao longo deste curso académico, coñecer e gozar cos pasatempos dos seus pais e avós. O obxectivo é que a ra e os bolos desbanquen á consola
16 Nov 2006. Actualizado a las 06:00 h.
FIRMA DE CONVENIO.
?n torno ás once e media da mañá, cando soa a campá nos institutos do municipio ribeirense, centos de rapaces corren cara ao patio co fin de gozar a tope do recreo. Só dispoñen duns minutos. Sacan as consolas, fedellan nos videoxogos ou mandan mensaxes nos móbiles.
Pouco se parece esta estampa á que se vivía hai unhas cantas décadas. Sen embargo, nos próximos meses, os mozos da capital barbancesa farán un entretido viaxe ao pasado, e divertiranse cos mesmos pasatempos dos seus avós.
A Concellería de Cultura de Ribeira fíxose cun completo lote de xogos tradicionais, os cales cederá durante este curso aos institutos do municipio. Nun tempo no que comprar un videoxogo é unha tarefa farto sinxela, non o é tanto á hora de facerse cunha billarda ou uns bolos. «Tivemos serias dificultades para atopar os xogos, por exemplo, a ra», comentou o edil Luciano Fernández.