Vitoria de postín dos xuvenís do Arousa: 1-0 ao Real Oviedo
Arousa
Iván foi o autor do único tanto do encontro
11 Jan 2026. Actualizado a las 05:00 h.
O Arousa abriu a segunda volta da División de Honor Juvenil cunha vitoria de postín: 1-0 sobre o Real Oviedo. Unha saída en tromba dos pupilos de Perú materializouse en varias ocasións claras de gol e o tanto de Iván no minuto 15, nunha contra. O Arousa seguiu dominando ata o descanso, defendendo o 1-0 na segunda parte.