Raíña en Burela
A Mariña
RÁFAGA | O |
14 May 2003. Actualizado a las 07:00 h.
UNHA MOZA caboverdiana vai ser a raíña das festas patronais de Burela, das que está próximo xa o seu comezo. É a primeira vez que unha rapaza inmigrante vai ser coroada raíña das festas de Burela. É bonito e, sobretodo, é importante. Non é un feito tan anecdótico como poida parecer, polo que ten de integrador. Quen decidiu esta elección, acertou. Burela deu un paso máis adiante.