Xosé Vixande pecha o estudo, de momento, no ano 1936 O proxecto ofrece información e tamén recolle calquer nova aportación que a cidadanía quera facer
13 Jun 2006. Actualizado a las 07:00 h.
? vigués Xosé Vixande iniciou na Internet un proxecto de construción dun banco de datos de todos os fotógrafos que traballaron en Vigo dende 1853, data na que se coñece a primeira fotografía feita na cidade, e 1936, porque a partir deste ano agrándase moito o número de profesionais. «Este banco de datos é para que a xente teña información, pero tamén para que poidan aportar información e crear unha especia de libro aberto que pódese actualizar continuamente e que nos dea información sobre nosos fotógrafos», di este doutor en Belas Artes.
A intención orixinal de Xosé Vixande é que a xente coñeza a historia da fotografía en Vigo a través dos fotógrafos que traballaron na cidade, e deste xeito, que poñan en valor o seu propio patrimonio particular. «O patrimonio fotográfico non só é unha cuestión de almacenalo senon tamén de saber que é o que temos. As veces, un ten na súa casa, moitas fotografías e ponse a velas e un descobre que ten unha fotografía cun selo dun fotografo que a el nin lle soa nen sabe quen é, e o mellor é un fotógrafo importante», afirma o autor do proxecto.
O acceso ao banco de datos faise a través da dirección www.almacensdotempo.com. Alí, a información está artellada de tal modo que cada un engade un dato e ten que facelo referíndose a fonte de onde o sacou para que non seña algo inventado.
Pero previamente a esta posta en escea, Xosé Vixande di que traballou dez anos neste asunto. «Comecei facendo un traballo de campo, visitando fotógrafos e familiares de fotógrafos, e por outro lado, traballei nas bibliotecas e hemerotecas que tiñan fondos de publicacións periódicas que poideran dar datos sobre os fotógrafos», afirma o autor do profecto.