La Voz de Galicia

O mexilón abrirá mañán o ciclo adicado ás festas gastronómicas

Vigo

22 Jul 2004. Actualizado a las 07:00 h.

?áis de 3.000 kilogarmos de mexilóns ao vapor e 500 de empanada poderán ser degustados o vindeiro domingo día 25 de xullo no parque de Castrelos, dende as 10.30 ás 14.30 horas. O obxectivo destas xornadas gastronómicas, segundo o concelleiro de Festas, Ignacio López- Chaves, e o promocionar os productos típicos da terra. Nesta ocasión, entregaráselle o Mexilón de Ouro a Xulio Alonso, pola súa labor o frente do mar. Un total de 14.000 euros é o que destinouse para a festa de este ano e garantizar, así, que o producto estea en boas condicións. Os mexilóns que se degusten serán da comarca de Vigo e de O Grove. Calquera que se acerque podera disfrutar dunha ración de mexilóns por 1.50 euros ou dun trozo de empanada por dous euros. Para os máis pequenos habera empanada de bacalao e carne. Ademáis, a xornada contará cun concurso de recetas nas que o mexilón será o protagonista. O gañador recibirá un premio de 100 euros e o segundo clasificado 50 euros.
Comentar