La Voz de Galicia

Falar galego en Vigo é sinónimo de ser do Bloque ou profesor de língua

Vigo

Begoña R. Sotelino vigo

Ana Iglesias saca ésta e outras conclusións na obra de investigación que presentou onte O libro editado por Xerais está a ser un éxito de ventas da tempada

18 Sep 2003. Actualizado a las 07:00 h.

, é unha obra de sociolingüística, que, sorprendentemente para un texto de investigación, está a ser un éxito de ventas. A súa autora, Ana Iglesias Álvarez, debuta no ámbeto editorial ca obra publicada por Xerais, que onte presentou na Casa del Libro. «A idea xurdiu -conta a autora- sobre todo polos resultados que aparecían nas enquisas, como no mapa sociolingüístico de Galicia. Parecía que as actitudes cara o galego eran moi boas e que de feito melloraban cos anos, pero o uso do galego seguía diminuíndo». Ante a contradicción, a filóloga viguesa Ana Iglesias decidiu abordar o mesmo tema desde outra pespectiva e comprobar si aparecían datos diferentes que aclarasen a teima. A hipótese de partida de Iglesias era que as actitudes non podían ser tan boas si o uso do galego non aumentaba. Para o estudio, o primeiro destas características que se fai en Galicia, decidíu escoller os dous extremos do urbano e o rural. Vigo, Castrocaldelas e tres concellos limítrofes con Santiago foron os lugares elexidos. «O traballo é cualitativo -explica- e a técnica usada foi o grupo de discusión, que pretende recoller o discurso espontáneo dos propios falantes, xa que os resultados que ofrece son muy distintos respecto a unha enquisa. Sóltanse mais e xurden outro tipo de actitudes diferentes». Prexuizos novos As principais conclusións que se virten na obra confirman as hipótese de partida: Que efectivamente, as actitudes non son tan boas. Ana Iglesias constatou datos como que desapareceron certos prexuizos, pero manteñense outros e se crean novos. «Por exemplo -dí-, asociar o uso do galego cun comportamento marcado. Si falas galego en Vigo automáticamente te asocian cunha ideoloxía política determinada, o BNG, ou cunha profesión: ou eres profesor de galego ou traballas en algo relacionado co galego. E iso non deixa de ser un prexuizo, que neste caso se da no urbano». Por contra, a investigadora aprecia que «desapareceu o prexuizo de considerar o galego como língua de paletos». Outra cuestión moi importante, apunta, «é que non chega con ter boas actitudes para falar unha língua. Hai moitos factores que influen e poden incluso acabar vencendo: a competencia, o hábito, o contorno...en Vigo, por exemplo, o contorno é maioritariamente castelán falante, e hai moitos informantes que se queixan de non atopar contextos donde practicar a língua. A autora sinala que a falta de competencia é outro problema: «Os que viven nun entorno familiar castelanfalante nun hábitat urbano séntese moi inseguros. A conclusión que a filóloga expresa na obra é que falar galego é un esforzo extra importante que vence ó individuo en moitos casos. O éxito de ventas que está acadando Falar galego: no veo por qué , é interpretado por Ana Iglesias como «un síntoma de que este tipo de temas sigue atraendo ó público. No discurso público, o galego está un pouco apartado. Como está máis ou menos normalizado, parece que non interesa, pero á xente lle sigue inquietando».


Comentar