Entrevista | José Manuel Santos Maneiro Preséntase por cuarta vez aos comicios locais e asegura que o programa elaborado polo seu partido ofrece respostas reais ás necesidades que ten o municipio na actualidade
11 May 2007. Actualizado a las 07:00 h.
Con tranquilidade e coa ilusión da primeira vez, o cabeza de lista do PP en Mazaricos, José Manuel Santos Maneiro, confía en lograr de novo o apoio da cidadanía para conseguir a cuarta maioría absoluta.
-Foi un período no que, dende o goberno municipal, nos volcamos no apartado das infraestruturas. Nos últimos anos, unha gran parte do orzamento de Mazaricos tivemos que destinalo á mellora das vías de comunicación. Temos máis de 1.200 quilómetros de pistas e camiños agrícolas, e estes últimos anos foron especialmente problemáticos por mor dos intensos temporais de chuvia que sufrimos na comarca. Para o sector agrogandeiro, básico en Mazaricos, é importante que estas infraestruturas estean en bo estado, e neso traballamos e seguimos facéndoo. Ademais aumentáronse significativamente as actuacións en servizos sociais, deportes e cultura.
-Xa está supoñendo un avance importante no aspecto cultural, pois actualmente xa estamos desenvolvendo nel unha variada programación que durará varios meses. Pretendemos que no futuro o edificio sexa o punto sobre o que xire toda a actividade social e cultural de Mazaricos. En breve prazo tamén entrará en funcionamento a biblioteca que, ademais de estar dotada con amplos fondos bibliográficos, tamén disporá dos soportes informáticos axeitados para un acceso rápido á información dispoñible na rede. Paralelamente, buscaremos achegar e dinamizar ao colectivo dos maiores con actividades especialmente deseñadas para eles. Dentro de pouco falarase, e moito, das nosas ruadas e seráns tradicionais, ou dos bailes, onde os mozos estarán en contacto directo cos maiores e con todo o seu saber.