La Voz de Galicia

O curso que a USC imparte en Rianxo reivindica ao Castelao debuxante

Santiago ciudad

Marta Gómez Ribeira

As coferencias ao redor da figura do intelectual rianxeiro rematan mañá

30 Jul 2014. Actualizado a las 21:51 h.

O curso de verán que a universidade compostelá imparte en Rianxo desde o luns reivindicou hoxe ao Castelao debuxante. Miguel Anxo Seixas fixo un repaso pola traxectoria artística do intelectual rianxeiro dende os seus inicios e a súa formación autodidacta ata as caricaturas que publicou en revistas e xornais nacionais e internacionais.

A de Seixas foi unha das conferencias que se desenvolveron hoxe e que se inclúen no programa dunha actividade que ten como obxectivo mostrar as diferentes vertentes dun personaxe tan complexo coma Castelao.

O curso Ó redor de Castelao, organizado por la Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección de Carlos Mella, toca mañá á súa fin cunha charla sobre a visión económica do ilustre galeguista e un coloquio.


Comentar