La Voz de Galicia

O Museo do Pobo ofrece unha visita virtual na súa nova web

Santiago

04 Aug 2021. Actualizado a las 04:55 h.

O Museo do Pobo Galego acaba de renovar a súa páxina web coa pretensión de achegar aínda máis a institución ao público. Unha das novidades que inclúe é unha aplicación que permite facer unha visita virtual pola súas instalacións. Ademais das salas de exposicións, tamén se pode visitar o claustro, o Panteón de Galegos Ilustres, a igrexa e a icónica escaleira helicoidal.

A nova web tamén conta cunha aplicación que permite tramitar a inscrición como socios do museo.


Comentar