La Voz de Galicia

«Basicamente, o poderío da fidalguía galega se centraba no eido local»

Santiago

M. B.

15 Nov 2008. Actualizado a las 02:00 h.

Científico contratado polo CSIC no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Antonio Presedo Garazo desenrolou os seus estudos en Filoloxía Galega desde súa xéneses no século XVI ata a súa crise socioeconómica e de identidade na segunda metade do século XIX. No ano 1996 gañou o premio Vicente Risco de Antropoloxía e Ciencias Sociais. Onte presentou na librería Couceiro seu libo A fidalguía galega , publicado por Edicións Lóstrego.

-Vostede ten publicados outros libros anteriores sobre a fidalguía galega. ¿Cal é a achega deste?

-Os dous anteriores ensaios que publiquei tiñan como obxecto o estudio da pequena fidalguía anterior. Neste a temática específica se centra nas súas estratexias de reprodución social e na importancia do seu capital simbólico para acadar a perpetuación do grupo en toda a época moderna.

-¿Como logrou consolidar o seu poder esa fidalguía?

-Valíase dunha serie de mecanismos que, por outro lado, son os propios da economía tardo feudal, sustentándose no cobro de rendas territoriais e no mercado da terra.

-¿Esta fidalguía non tiña ningunha característica galeguista?

-É unha fidalguía que encaixa no que se coñece como pequena nobreza periférica. Basicamente, seu poderío se centraba no eido local. Era unha nobreza ligada ao ámbito galego e que, debido a iso, gozaron de gran poder a nivel local.


Comentar