As leis do mercado
Santiago
O TINTEIRO | O |
21 May 2004. Actualizado a las 07:00 h.
TRANQUILIZA pouco saber que o prezo da vivenda vaise moderar porque leva moito tempo subido ós ceos. A cuestión da accesibilidade a un piso chegou ate o extremo de que unha familia ten que destinar o 40% dos seus ingresos anuais para poder mercar unha residencia. E non estamos a falar dun ben de mercado calquera senón dun dereito constitucionalmente recoñecido. Chegados a este punto, compre que os poderes públicos tomen en serio esta cuestión dunha vez e programen políticas que favorezcan ós cidadáns, como liberar solo urbanizable, fomentar o aluguer e construir máis vivenda protexida. Os depositarios da vontade popular non poden tolerar que se especule cos terreos deste xeito e poderían regular un precio máximo de venta para evitar ese sobrecoste que encarece tanto a vivenda. De nada serven os argumentos da oferta e da demanda porque noutros países da UE, co mesmo precio oficial do diñeiro, non se está a disparar a vivenda como en España. Quizás hai certo medo a deseñar estratexias que algúns chaman intervencionistas. As leis do mercado teñen moita lóxica económica. Pero, as veces, ningún sentido social. Que llo pregunten a moitos.