Unha mostra viaxa no tempo en Bueu para amosar como era a tecnoloxía de 1998
Pontevedra
A exposición pode visitarse no IES Illa de Ons
10 Dec 2025. Actualizado a las 05:00 h.
O IES Illa de Ons, de Bueu, acolle este mércores e xoves, de 16 a 18 horas, a exposición Trebellos con voz. Esta mostra «é unha viaxe ao pasado, ao ano en que abría as portas o IES Illa de Ons: 1998. Nela poderemos ver a tecnoloxía que se empregaba daquela, completamente descoñecida para as persoas máis novas».
Así, os boletíns de notas escribíanse a bolígrafo, non existían os móbiles con acceso a Internet e as fotos facíanse en rolos de película que había que revelar. No 1998 fúndase unha pequena empresa en California: Google.