Enorme
Pontevedra
NA ÚLTIMA | O |
18 Mar 2005. Actualizado a las 06:00 h.
Un amigo logrou adelgazar setenta kilos cunha dieta que lle puxo o médico. O ritmo foi tan constante que o equipo que seguía a evolución do seu corpo non daba crédito. De feito, a dieta comezara como unha forma para poder practicarlle unha operación de reducción de estómago, pois o sobrepeso que padecía era tal que facía demasiado arriscado que ingresase daquela maneira no quirófano. Sen embargo, visto que non paraba de perder os kilos que lle sobraban, decidiron suspender a operación. En apenas tres meses reduciu o seu peso á metade. Moitos non o crían cando o protagonista relataba a experiencia. A impresión que lle causou o asunto a Juan Cruz foi tan grande que lle dedicou un artículo en El Pais calificando o asunto de miragre. En realidade foi unha especie de ilusión. Pasados uns meses, volveu engordar e acabou pasando polo quirófano, esta vez si, para reducir un estómago que lle estaba a pasar factura ao resto do seu corpo. Decíase aquí onte que as cousas grandes perden a sua graza por ser demasiado evidentes. En contraposición, as pequenas resultan case sempre atractivas. No caso do meu amigo, que esta menguando grazas á operación quirúrxica, dase unha feliz excepción. Non polo estómago, senón polo enorme corazón, que o fai ser tan boa persoa.