Os textos de Leoncio Fernández están cargados do pesimismo dunha vida dura, como el mesmo confesa. Aínda que nos seus traballos actuais tende ao «humorístico».
-Algúns familiares e amigos que leron as obras din que son pesimistas, e incluso me dixeron que me podían facer dano porque denuncio moito a política.
-¿De que maneira?
-Maniféstome contra isto da política conservadora e da desigualdade que hai no mundo, das guerras innecesarias que se forman, porque só traen destrución, vinganzas e morte.
-Temas a nivel global, pero tamén hai referencias á terra, a Valdeorras.
-Si, sobre todo falo do lugar de A Barxa, que foi onde me criei, onde pasei a miña vida e onde sigo vivindo.