La Voz de Galicia

Celanova conectou con Rosalía

Celanova

La Voz Ourense
O programa incluiu un concerto de órgano no coro alto con pezas dos poetas do Rexurdimento.

A vila currosiana festexou o aniversario do nacemento da poeta con Caldo de Gloria, poemas nos bares e un concerto de órgano

24 Feb 2020. Actualizado a las 18:30 h.

Celanova, terra de poetas, conectou esta pasada fin de semana con Rosalía de Castro. A vila, na hostalería e no convento, festexou o día de Rosalía, que se conmemora o 24 de febreiro. Preto de 40 estabelecementos hostaleiros e hoteleiros ofreceron nos seus menús e tapas o Caldo de Gloria que cantou a poeta galega en «Miña casiña, meu lar».Celanova comezou a celebrar este día no marco dun proxecto sobre un itinerario do Rexurdimento que unise as vilas natais de Rosalía, Curros e Pondal. A Fundación Curros Enríquez distribuíu nos locais poemas de Rosalía para acompañar mentres se degustaba o caldo. O programa completouse cun concerto de órgano no coro alto a cargo de María José Mosquera que interpretou temas como «Negra Sombra», o «Himno Galego» e «Unha noite na eira do trigo».


Comentar