La Voz de Galicia

ViboMask trouxo de volta o entroido

Ourense

La Voz O Barco

ViboMask trouxo de volta o entroido

O desfile do sábado en Viana volve saír o domingo en Vilariño de Conso

17 May 2025. Actualizado a las 22:43 h.

Corenta e sete grupos de España e Portugal déronse cita onte no desfile da mascarada ibérica en Viana do Bolo. Regresou o entroido, pero fíxoo nun día de verán, así que houbo que buscar a sombra e tirar moito de auga para aguantar debaixo dos traxes. Pagou a pena, dicían. Hoxe (11.30 horas) están en Vilariño. Haberá tamén mercado de artesanía e pola tarde un festival de música e baile tradicional co gallo do Día das Letras.


Comentar