Flolcloristas cabreados
Ourense
25 Apr 2011. Actualizado a las 06:00 h.
Aexpresión é da autoría de Baltar júnior, presidente de presidentes e alcumado quinto batedor da provincia. Fai referencia ó maremoto de disidencia interna co que o PP de Ourense terá que concorrer ás vindeiras eleccións municipais de maio, e como non podía ser doutro xeito na peculiar práctica política do clan Baltar, o neopresidente provincial, fiel herdeiro da mesura paterna, denomina folclorista cabreado ó militante que opta pola discrepancia e o libre pensamento fronte á doutrina oficial e aínda a risco dunha expulsión automática, que non vitalicia. A decisión non ten volta atrás e para Baltar Jr., personificación da renovación xeracional e da nova ola neocon, non hai outro camiño que o descrédito do propio e a medida disciplinaria. O debate, a unanimidade ou o consenso remataron por extinguirse. Velaquí a gran esperanza da supremacía branca popular, a hora da verdade, máis do mesmo. O certo, e realmente desalentador, é que nesta voráxine antropofáxica saturniana na que a hexemónica man de ferro dos Baltar guía á infinita corte de privilexiados do apartheid do pazo provincial, guía ó PP de Ourense, e por imperativo institucional tamén guía do destino de todos nós, da a sensación de que o único adversario capaz de tombar ó PP é o propio PP. Bo coñecedor das súas mañas e marañas, máis tamén capaz de dobregarse de común acordo. Así e todo, esta deriva do neopresidente Baltar, máis propia dun reseso mcarthismo dos anos cincuenta do século pasado, da caza de bruxas, do obsesivo control mediático, das mentiras e do rentable discurso alarmista que no caso do seu pupilo de Xinzo xa chegou ó extremo da equiparación entre BNG e as listas ilegais do País Vasco, evidencia que os cabreados son algo máis que simples elementos da paisaxe, algo máis que mera decoración colateral, e que están a conformar, facendo xustiza á expresión, toda a bagaxe da cultura dun pobo, neste caso, dun Partido Popular de Ourense que pide democracia interna e renovación non hereditaria.
CAPITAL
Ayuntamiento 988 388 100
Quejas consumidores 988 388 128
Atención al ciudadano 988 39 29 09
O BARCO
Ayuntamiento 988 320 202
Policía Local 988 322 939
Centro de Salud 988 325 794
ALLARIZ
Ayuntamiento 988 440 001
Policía Local 988 440 000
Centro de Salud 988 440 958
O CARBALLIÑO
Ayuntamiento 988 530 007
Policía Local 988 530 006
CAPITAL
GUARDIA NOCTURNA, de 22.00 a 09.30
Progreso, 153 988 213 588
ABIERTAS MAÑANA Y TARDE (rotan la guardia nocturna)
Santo Domingo, 86 988 228 256
Progreso, 153 988 213 588
Curros Enríquez, 10 988 233 021
Curros Enríquez, 35 988 510 230
Avda. Buenos Aries, 4 988 221 996
Marcelo Macías, 75 988 220 648
Ramón Puga, 59 988 224 348
O CARBALLIÑO
Calvo Sotelo, 16 988 274 397
Tomás María Mosquera, 27 988 270 095
Rosalía de Castro, 20 988 270 347
Castelao, 35 988 530 226
Otero Pedrayo, 17 988 272 361
RIBADAVIA
Calle Progreso, 38 988 470 077
Calle Progreso, 23 988 470 102
VERÍN
Rúa Lisa, 23 988 410 227
Plaza Mayor, 25 988 590 707
Laureano Peláez, 39 988 411 706
Luis Espada, 68 988 413 904
Avenida de Laza, 2 988 410 845
CELANOVA
Celso Emilio Ferreiro, 3 988 451 017
Plaza Mayor, 20 988 431 534
O BARCO DE VALDEORRAS
Marcelino Suárez, 19 988 325 105
Marcelino Suárez, 35 988 320 081
Conde de Fenosa, 42 988 320 375
Elena Quiroga, 6 988 326 188
A RÚA
Progreso 8-10 988 312 340
Doctor Vila, 15 988 310 656
XINZO DE LIMIA
Avda. Madrid, 2 988 462 368
Dous de Maio, 2 988 462 388
Avda. Madrid, 11 988 462 376